Inicio / Aloxamento
Aloxamento
O noso aloxamento
Ofertamos diferentes opciones para cada tipo de viaxeiro. Nas nosas estancias poderás aloxarte nunha liteira sinxela na Man de Camelle ou mesmo coa túa parella, familia ou amigos na City of Agra. E se desexas máis privacidade, invitámosche a que descobras a Boris/Prestige ou a Nil. Os nomes non son casuais posto que o que queremos e rendenlle homenaxe aos buques que remataron a sua singradura de forma tráxica na nosa costa. So hay unha excepción, é esa é a Man de Camelle; co nome propio do noso veciño máis célebre queremos manter en vigor a vida e obra do artista alemán.
EQUIPAMENTO DAS HABITACIÓNS
- Conexión WIFI
- TV
- Secador e útiles de aseo
ZONAS COMÚNS
- Lavandería
- Biblioteca
- Hall
- Terraza
Primeiro andar
Como vila mariñeira sabemos todo canto nos da o mar. En primeiro lugar é o noso medio de vida e o da meirande parte dos nosos antergos. Pero por outra banda tamén trouxo e trae moita dor. No ano 1934 o petroleiro Boris Sheboldaef anegou a costa de chapapote e o mesmo no ano 2002 o Prestige. Durante moito tempo os nosos pescadores non puideron sair o mar e foron moitas as especies mariñas e terrestres as que sufriron estes ataques medioambientais. Do ano 1934 sabemos que provocou que a moitos veciños non lles quedase outra ca coller a maleta e emigrar. No ano 2002 co Prestige sufrimos a perda do noso veciño Manfred, él o ver o seu proxecto vital cheo de fuel deixouse morrer, paradoxicamente, no día dos Santos Inocentes. É por elo que para nós e imprescindible contar tamén a negrura física e espiritual que os barcos poden achegar o noso medio.
Boris Sheboldaef
No ano 1934, na pedra do porto de Camelle naufragou o petroleiro ruso Boris Sheboldaef cubrindo de petroleo toda a costa. Durante moito tempo os mariñeiros de Camelle non foron quen de extraer percebes das nosas rochas. O máis importante desta habitación será a propia historia do buque e as súas tripulación. Por suposto non queremos esquencer a nosa historia máis recente.
RESERVAR
Man de Camelle
No ano 2002 de novo a nosa Costa encheuse de chapapote, levando por diante ademáis a vida do noso célebre Alemán de Camelle. A él e non o buque queremos adicar a nosa última habitación. Unha persoa que loitou toda a sua vida por empregar de forma sostible todo canto o mar achegaba a costa. Ao igual que a anterior contará a propia historia de Man, pero a maiores destacará na decoración os seus famosos circulos de cores.
RESERVAR
Segundo andar
Neste piso queremos contar a outra cara das traxedias, o bo que nestes casos nos trouxeron dous dos naufraxios máis coñecidos da nosa zona. En febreiro do ano 1897 o buque inglés City of Agra embarrancou preto das Illas Lobeiras (Arou) e foi grazas ao valor dos mariñeiros de Camelle e Arou que se conseguiu salvar dunha morte segura a 32 dos tripulantes. Por esta incrible fazaña o goberno inglés mandou medallas aos heroes e entregáronlle a igrexa de Camelle unha das campás do buque que ainda hoxe está no campanario. Ademáis debido a isto, ao ano seguinte estableceuse no noso porto unha punteira Estación de Salvamento a nivel europeo. Pola súa banda o buque francés Nil, tamén en Arou, no ano 1927 espallou por toda a costa diferentes productos e obxectos os cales debido a pobreza da época non podíamos nin soñar con ter. O salvamento dos tripulantes foi rápido, tan rápido como a rapiña de despois. Veciños de todos os recunchos da Costa da Morte buscaban conseguir nas ribeiras o champán ou as teas que viñan no buque.
City of Agra
Barco que encayou no 1897. Este buque é todo un símbolo para o noso pobo, posto que a heroica labor dos mariñeiros de Camelle conseguiu salvar a vida de 32 dos tripulantes. De feito o goberno inglés mandoulles as embarcacións que participaron no arriscado salvamento, medallas na honra a súa valía. Como curiosidade a campá do buque repica a día de hoxe na igrexa de Camelle. A decoración da habitación ambientarase no periodo colonial, posto que a meirande parte dos tripulantes viñan das Indias.
RESERVAR
Nil
Barco francés que no ano 1927 encallaba no veciño pobo de Arou. A carga deste buque era variada, traía dende coches, champán telas, perfumes… Este espazo contará cun rico mobiliario de inspiración vintage.
RESERVAR
Zonas comúns
COMEDOR
Os nosos aloxados poderá disfrutar dun comedor no cal todos os días se sirve un almorzo completo. Durante o resto da xornada deixamos a disposición dos clientes café e infusións.
LAVANDARÍA
No primeiro andar dispoñemos dunha lavadora e secadora (pago previo) para aqueles que o desexen.
BIBLIOTECA
No segundo andar contamos cunha biblioteca onde escoller diferentes libros ou mesmo certos xogos de mesa para aqueles que decidan entreterse dentro do aloxamento.
TERRAZA
Destaca a beleza da nosa terraza xa que nel a artista galega Sarai Lorenzo plasmou a través de varios murais a esencia do noso pobo. En épocas estivais habilitamos diverso mobiliario de exterior para facer máis cómoda a estadía na nosa terraza.