Paté de Ourizos de Mar
7.00€
Na elaboración desde paté de ourizos de mar utilizan como ingrediente principal as ovas do ourizo, con todo o sabor que isto conleva
Añadir a la lista de deseosRetirar de la lista de deseos
Añadir a la lista de deseos
COMPARTIR
descripción
En envase de vidro está elaborado unicamente con ingredientes naturais. Os patés cada vez son máis valorados pola súa facilidade de consumo, ao tratarse dunha crema para untar.
O Refuxio do Náufrago, empresa familiar ubicada en Camelle (Camariñas), elabora cada unha das súas conservas utilizando só ingredientes naturais da mellor calidade.
Na elaboración desde paté de ourizos de mar utilizan como ingrediente principal as ovas do ourizo, con todo o sabor que isto conleva. Nos días claves nos que os productores locais conseguen este prezado manxar extraemos as ovas en fresco para posteriormente conxeladas e poder así utilizalas en elaboracións o longo de todo o ano.
Para esta receita empregamos aceite de oliva virxe, cebola, allo, tomate e un chisco de queixo crema. Como toque final por suposto as nosas ovas de ourizo de mar. E así, cos mellores ingredientes e moito agarimo xorde este paté exquisito.
Os amantes dos ourizos de mar están de parabéns, xa que agora teñen outra maneira máis de gozar da súa receita favorita.
ingredientes
Ovas de ourizo de mar, cebola, allo, sal, tomate, e queixo crema.