Rutas guiadas

As nosas rutas (próximamente)

Próximamente impulsaremos andainas pola nosa contorna. Serán rutas sostibles, ecolóxicas e destinadas a toda a familia e levaranse a cabo entre os concellos de Camariñas, Vimianzo e Laxe. 

O motivo principal para facer estas rutas será o de fomentar o coñecemento da nosa zona, xa que lles ensinaremos durante todo o percorrido lugares históricos como as zonas de afundimento dos barcos, o patrimonio etnográfico máis importante, as zonas máis ricas de pesca ou os primeiros asentamentos do noso pobo. 

Estas dividiranse 4 rutas, 2 longas e 2 curtas. De Camelle a Laxe contaremos cunha ruta de 17 kilómetros destinada a adultos e mozos e outra orientada a familias con nenos pequenos que constará de 7 kilómetros. 

Asimesmo no traxecto de Arou a Camariñas tamén creamos 2 rutas, unha de 27 kilómetros e outra de 8,3 kilómetros. Crearemos packs especiais para aqueles que desexen tamén pernoctar no noso establecemento. 

Tanto para aqueles que escollan a opción de ruta + aloxamento como aqueles que so desexen facer a ruta, ofreceráselles un picnic con productos da nosa zona, e coas nosas elaboracións.

Nil

Habitación completa

1 Xuño - 15 Xullo

65€

16 Xullo - 15 Setembro

75€

16 Setembro - 31 Decembro

65€

City of Agra

Habitación completa

1 Xuño - 15 Xullo

120€

16 Xullo - 15 Setembro

140€

16 Setembro - 31 Decembro

120€

Man de Camelle

Cama / Habitación completa

1 Xaneiro - 15 Xullo

22€ / 80€

16 Xullo - 15 Setembro

24€ / 90€

16 Setembro - 31 Decembro

22€ / 80€

Boris Sheboldaef

Habitación completa

1 Xuño - 15 Xullo

50€

16 Xullo - 15 Setembro

60€

16 Setembro - 31 Decembro

50€