Percorremos unha das zonas con máis naufráxios da Costa da Morte e cunha paixase única. É unha zona moi característica, onde podemos destacar a duna do Monte Branco, a duna de area máis grande de Europa e onde se dan as caramiñas, un froito que só se da aquí e que se atopa en perigo de extinción. Tamén podemos atopar as praias virxes de Trece e Reira;o Cemiterio dos Ingleses; o Faro Vilán; o pequeno porto de Santa Mariña e o de Camariñas.
Inicio / Rutas guiadas / Arou – Camariñas
Rutas guiadas
Dispoñibilidade: De marzo a outubro todos os sábados.
Arou – Camariñas
*As rutas realizanse cun mínimo de 8 persoas
O REFUXIO DO NAUFRAGO
Escolle a túa ruta
Adultos
Punto de partida: Praia de Arou
Lugar de chegada: Porto de Camariñas
Distancia: 27km
Duracion: 8h camiñando. 2h de paradas-descanso-comida
Dificultade: Media
Notas:
Narración durante todo o percorrido de lendas, historias e anécdotas.
Recomendacions:
Transcorre por zonas de impoñente beleza, polo que é recomendable levar cámara de fotos. Esta ruta pódese facer en calquera época do ano, ainda que se recomenda a primavera e o outono, pola climatoloxía e a posible humidade do terreo. Non abundan as sombras nin zonas de abrigo, polo que é convinte o uso de protección solar ou chuvasqueiro para a choiva. Calzado cómodo e adecuado para camiñar por terreos con desnivel. Roupa cómoda.
Percorrido:
- Traslado dende o Refuxio do Náufrago a praia de Arou, as 9:30h.
- Inicio pola senda de madeira ata o Mirador de Lobeiras.
- Baixamos a praia de Lobeiras, seguindo a senda, chegaremos ata o Porto de Santa Mariña.
- Do porto de Santa Mariña, seguiremos ata a duna de Monte Branco, que bordearemos deixandoaa a nosa esquerda.
- Pararemos para observar a duna, antes de seguir camiñando, pola praia de Trece, onde veremos as prantas das caramiñas.
- Da praia de Trece chegaremos ata o Cemiterio do Ingleses, as 14h, onde faremos un alto para comer.
- As 15:30, retomamos a ruta, dende o Cemiterio dos Ingleses, ata a praia de Reira.
- Da praia de Reira, veremos ao lonxe o Faro Vilán, a onde chegaremos as 18h. No Faro Vilán faremos outra parada, onde visitaremos o Museo do Faro.
- As 18:30, sairemos cara a Igrexa da Virxe do Monte, dende onde veremos tanto o Faro Vilán coma a Virxe da Barca en Muxía.
- Baixaremos da Virxe do Monte, pola Senda do Litoral, ata o Porto de Camariñas.
- Paseo por Camariñas. Como actividades opcionais poderán realizarse actividades náuticas no porto. Tamén se poderán visitar o Museo do Encaixe a o Museo da Conserva de Industrias Cerdeimar.
- As 21h, seremos recollidos, para voltar ao Refuxio do Náufrago
*Posibilidade de acortar a Ruta, baixando en coche, dende o Faro Vilán ata Camariñas.
**Posibilidade de realizar en 2 días a ruta: 1 día, de Arou ata o Cemiterio dos Ingleses; 2 día, do Cemiterio dos Ingleses a Camariñas.
*** En todo o momento, se facilitará a recollida, en caso de dificultade para realizar a ruta.
Tarifas:
- Ruta con Aloxamento larga (1 día) : 130€ habitación dobre. 65€ liteira. Inclue almorzo + Traslados ao inicio da ruta + Comida de picnic o mediodía + Merenda Ruta sin Aloxamento (1 día): 55€/ persoa. Inclue almorzo + Traslados ao inicio da ruta + Comida de picnic o mediodía + Merenda
- Ruta con Aloxamento (2 días): 220€ habitación dobre. 110€ liteira Inclue almorzo + Traslados ao inicio da ruta + Comida de picnic o mediodía + Merenda Ruta sin Aloxamento (2 días): 90€/ persoa. Inclue almorzo + Traslados ao inicio da ruta + Comida de picnic o mediodía + Merenda