O REFUXIO DO NÁUFRAGO

Sobre nós

O REFUXIO DO NÁUFRAGO _____________

A recuperación dunha casa tradicional mariñeira no pobo de Camelle

Un establecemento no que vivir, sentir e degustar a esencia da Costa da Morte. Contamos coa ventaxa de que na nosa zona non existe unha ampla oferta hoteleira e menos deste estilo

“Nun momento no que a meirande parte da sociedade busca alonxarse das aglomeracións e sentirse libre, queremos que o Refuxio do Náufrago sexa a súa taboa de salvación.”

É moi importante poñer en valor a nosa memoria como pobo mariñeiro e acolledor de xente procedente dos naufraxios acontecidos na nosa costa, mediante a realización de rutas e obradoiros sostibles.

DIGNA ROMAR MOUZO

No ano 1985 creei co meu home a nosa propia empresa vinculada o mar, unha embarcación de artes menores. Durante case 20 anos o meu home ía o mar mentres que eu era a encargada de levar a cabo todas as tarefas complementarias. Neste tempo desmallei peixe, vendino, busquei carnadas e preparei as nasas para poder ir cada día o mar. Todo canto se necesitase a nivel de aprovisionamente era o meu traballo, levando tamén a responsabilidade nas contas e na administración da propia empresa.

Dende o 1995 ata o ano 2000 traballei de operaria na fabricación de caviar de ourizo, na empresa Pescados Jesús Pedreira na vila veciña de Arou. Tamén traballei de forma esporádica en embarcacións de artes menores como mariñeira. No ano 2003 comecei a andar o mar co meu home na nosa propia embarcación. Fun mariñeira, percebeira e patroa da mesma. No 2019 xubilouse él polo que tiven que deixar o mar.

Asimesmo, durante varios anos a nivel asociativo, fun vicepatroa maior da cofradía de Camelle do 2011 ao 2018. Ademáis continuo sendo a Presidenta da Asociación de Veciños, posto que exerzo dende o ano 2012.

O REFUXIO DO NÁUFRAGO

O proxecto

Contamos con habitacións con nome propio, nome de barcos afundidos na nosa costa xunto co do noso veciño máis célebre. En cada unha delas ofrecerémoslles aos visitantes o porqué da nosa elección, xunto con fotografías e escritos da época. Queremos darlles os nosos viaxeiros a esencia da Costa da Morte, a través da historia e a gastronomía, xunto cun cómodo aloxamento case a pé de praia

OBXECTIVOS DO PROXECTO

Con este proxecto partimos da necesidade de diversificación de emprego xa que como comentamos anteriormente, logo da miña traxectoria como mariñeira e patroa aos meus 56 anos vinme na obriga de cambiar de oficio. Ademáis con isto pretendo cumprir un soño de toda a vida, mellorando a economía familiar.

O noso obxectivo xeral é a recuperación dunha casa tradicional mariñeira no pobo de Camelle. Con elo queremos poñer en marcha o primeiro albergue con obradoiro artesanal propio na nosa bisbarra. Será un proxecto único na Costa da Morte xa que fomentaremos a utilización dos produtos de descarte da actividade pesqueira: peixe e marisco de escasa aceptación polo consumidor, dándolle unha nova perspectiva mediante o seu uso en produtos elaborados de forma artesanal dunha alta calidade.

Tamén para nós é moi importante poñer en valor a nosa memoria como pobo mariñeiro e acolledor de xente procedente dos naufraxios acontecidos na nosa costa, mediante a realización de rutas e obradoiros sostibles e de conservación do medio ambiente, tendo como punto de partida a nosa antiga casa mariñeira, como refuxio do visitante.

Potenciaremos así o desenrolo económico mediante a diversificación, o emprendemento, a mellora das oportunidades de traballo e do emprego alternativo ao traballo do mar. Conseguiremos así darlle un impulso aos nosos recursos, as actividades productivas do territorio e o sector turístico en xeral da nosa bisbarra.

Tomamos así a nosa condición de pobo mariñeiro como elemento diferenciador. E faremos que esta casa se convirta nun punto de referencia para todo aquel que queira sentir, coñecer e degustar a historia e a gastronomía da Costa da Morte.

Nil

Individual / Uso Dobre

Temporada Baixa

1 Xaneiro - 24 Marzo
1 Abril - 16 Maio
1 Xaneiro - 24 Marzo
55€ / 70€

Temporada Media

25 Marzo - 31 Marzo
17 Maio - 19 Maio
15 Xuño - 30 Xuño
1 Setembro - 15 Setembro
11 Outubro - 13 Outubro
60€ / 75€

Temporada Alta

1 Xullo - 31 Agosto
65€ / 80€

City of Agra

Habitación completa

Temporada Baixa

1 Xaneiro - 24 Marzo
1 Abril - 16 Maio
1 Xaneiro - 24 Marzo
110€

Temporada Media

25 Marzo - 31 Marzo
17 Maio - 19 Maio
15 Xuño - 30 Xuño
1 Setembro - 15 Setembro
11 Outubro - 13 Outubro
115€

Temporada Alta

1 Xullo - 31 Agosto
120€

Man de Camelle

Cama / Habitación completa

Temporada Baixa

1 Xaneiro - 24 Marzo
1 Abril - 16 Maio
1 Xaneiro - 24 Marzo
25€ / 90€

Temporada Media

25 Marzo - 31 Marzo
17 Maio - 19 Maio
15 Xuño - 30 Xuño
1 Setembro - 15 Setembro
11 Outubro - 13 Outubro
26€ / 95€

Temporada Alta

1 Xullo - 31 Agosto
28€ / 100€

Boris Sheboldaef

Individual / * Uso Dobre

Temporada Baixa

1 Xaneiro - 24 Marzo
1 Abril - 16 Maio
1 Xaneiro - 24 Marzo
45€ / +10€

Temporada Media

25 Marzo - 31 Marzo
17 Maio - 19 Maio
15 Xuño - 30 Xuño
1 Setembro - 15 Setembro
11 Outubro - 13 Outubro
48€ / +10€

Temporada Alta

1 Xullo - 31 Agosto
52€ / +15€