Percorremos unha das zonas con máis naufráxios da Costa da Morte e cunha paixase única. É unha zona moi característica, onde podemos destacar a duna do Monte Branco, a duna de area máis grande de Europa e onde se dan as caramiñas, un froito que só se da aquí e que se atopa en perigo de extinción. Tamén podemos atopar as praias virxes de Trece e Reira;o Cemiterio dos Ingleses; o Faro Vilán e o porto de Camariñas
Inicio / Rutas guiadas / Cementerio dos ingleses – Faro Vilán
Rutas guiadas
Dispoñibilidade: De marzo a outubro todos os sábados.
Cementerio dos ingleses – Faro Vilán
*As rutas realizanse cun mínimo de 8 persoas
O REFUXIO DO NAUFRAGO
Escolle a túa ruta
Familias con nenos pequenos
Punto de partida: Cemiterio dos Ingleses
Lugar de chegada: Faro Vilán
Distancia: 8,3km
Duracion: 4 camiñando. 1h de paradas-descanso-comida.
Dificultade: Media
Notas:
- Narración durante todo o percorrido de lendas, historias e anécdotas.
- Xincana
Recomendacions:
Transcorre por zonas de impoñente beleza, polo que é recomendable levar cámara de fotos. Esta ruta pódese facer en calquera época do ano, ainda que se recomenda a primavera e o outono, pola climatoloxía e a posible humidade do terreo. Non abundan as sombras nin zonas de abrigo, polo que é convinte o uso de protección solar ou chuvasqueiro para a choiva. Calzado cómodo e adecuado para camiñar por terreos con desnivel. Roupa cómoda.
Percorrido:
As 12:00 traslado dende o Refuxio do Náufrago ata o Cemiterio dos Ingleses, pasando por Arou e Santa Mariña. Comeremos no entorno do Cemiterio dos Ingleses. As 16:00, retomamos a ruta, dende o Cemiterio dos Ingleses, ata a praia de Reira.
Da praia de Reira, veremos ao lonxe o Faro Vilán, a onde chegaremos as 19h.
No Faro Vilán faremos outra parada, onde visitaremos o Museo do Faro.
Traslado dende o Faro o porto de Camariñas para visitalo.
Paseo por Camariñas. Como actividades opcionais poderán realizarse actividades náuticas no porto. Tamén se poderán visitar o Museo do Encaixe e o Museo da Conserva de Industrias Cerdeimar.
Traslado ao Refuxio do Náufrago.
Tarifas:
- Ruta con Aloxamento: Habitación dobre: 2 adultos 100€, 1 adulto + un neno de máis de 8 anos 90€, 1 adulto + 1 neno de menos 8 anos 85€. / Liteira: 60€ adulto, 40€ maior de 8 anos, 30€ menor de 8 anos/ Inclue almorzo + Traslados ao inicio da ruta + Comida de picnic o mediodía + Merenda
- Ruta sin Aloxamento: 45 € adulto, nenos maiores de 8 anos 25€, menores de 8 anos 20€. Inclue almorzo + Traslados ao inicio da ruta + Comida de picnic o mediodía + Merenda